Neste día das Letras, recupero dun caixón un pequeno conto -rematado, ilustrado e esquecido- que leva anos ahí, ¿verdad Rafael J. Perdomo Vieitez?
O mellor temos que retomar a ilusión de velo publicado 😉

Unha pequena historia dunha princesa que non quere selo.

Un contiño que grazas a Susana Pedreira Buján , Lorena Paramo e Jueves de Cuento, dimoslle un paseo polas ondas o pasado xoves e en Ondacero.
Que cheguen outros.

Feliz día das Letras Galegas 2018 e as que estean por vir.

 

 

PRINCESIÑA ASTRONAUTA

Dúas trenzas ben longas
para esta princesa de conto,
que leva vestido de prata e unha coroa de ouro.
Dúas bágoas salgadas
que esvaran dos seus ollos,
porque non quere castelos,
nin príncipes nin tesouros.

«Eu quero ser astronauta
e dende o espacio
descubrilo todo;

visitar aos astros vellos
e logo ir xogar cos astros novos,
correr e brincar cos cometas
e saudar ao sol, que bota fogo.

E que non,
que non quero nin castelos,
nin príncipes nin tesouros.»

Pois se non queres nada diso,
mira esta nave princesa
que estou a escribir no teu conto,
é un cohete de fantasía
para viaxar polo cosmos;
vaite xa,
e non esquezas
facer moitas, moitas fotos,
e traerme un anaco de lúa
para tela de recordo.

Carmen Quinteiro.