Cando Gustavo deu con Carmen
Carmen Quinteiro escribe textos poéticos. Gustavo Almeida compón cancións. Ela é de Pontevedra e ten 45 anos. El naceu en Río de Janeiro e ten 38. Atopáronse, conectaron e a química deu como resultado varios temas que se poderán escoitar no novo disco do músico
Carmen Quinteiro xunto a Gustavo Almeida. DAVID FREIRE
Viernes 20 de Mayo de 2016 | Belén López | Pontevedra
«Foi en La Cabaña». Carmen Quinteiro fai memoria e lembra que a primeira vez que viu a Gustavo Almeida foi nun dos concertos que el ofrecía de xeito periódico nun local histórico de Pontevedra, La Cabaña. «Xa hai anos», di. «Pero no hablamos hasta que en otra ocasión coincidimos en el Platino, una noche en la que yo no tocaba», apunta o músico. «Aquel día actuaba José Antonio Delgado».
Agora son amigos íntimos. Da súa conexión artística e literaria saíron xa dúas cancións, «e sairá seguro unha máis», que o cantautor incluirá no seu novo disco, o cuarto da súa carreira. «Estoy pendiente de la agenda de los productores, pero es practicamente seguro que saldrá este año».
A Carmen Quinteiro (Pontevedra, 1971), mestra de Educación Infantil en A Xunqueira I, escritora, autora de “Caleidoscopio”, un traballo autoeditado o ano pasado que en tres meses despachou máis de 500 exemplares e hoxe vai pola súa súa segunda edición, era admiradora de Gustavo Almeida (Río de Janeiro, 1978), cantautor aficando en Pontevedra dende rapaz e programador musical en varios espazos da cidade. Aos seus encontros esporádicos en concertos do artista, ou promovidos por el, uníronse outros, máis importantes: os da Noite das Letras.
«Una vez al mes, en el magnolio de la Deputación Provincial, se reúne gente de Pontevedra para leer poesías, textos…». Nesas Noites das Letras, abertas a todo o que queira participar, naceron os proxectos literarios da propia Quinteiro, pero tamén doutros novos autores locais, como Tamara Andrés. «E algún outro que está a puntísimo de saír».
«Para min, todo isto que estamos a facer xuntos é un agasallo. Compoñer é algo máxico. Foi como abrir foco»
Carmen Quinteiro, mestra e escritora
NOITE DE LETRAS. Na Noite das Letras, ese fervedoiro artístico no que se converteu esa reunión espontánea de creadores, á que tamén asisten músicos e compositores, Carmen Quinteiro e Gustavo Almeida escoitáronse e conectaron.
«A verdade é que a colaboración non responde a un proceso moi planificado. Fixémonos amigos e todo xurdiu de xeito natural. Un dicíalle ao outro: “botálle un ollo a isto”, o outro apuntaba algunha cousa…», explica Quinteiro, que empezou facéndolle pequenas suxestións a Almeida para algúns temas, como “La duda del universo” e “Lo que pudo ser”, colaborou con el en “El cielo siempre se abre” e acabou inspirándolle unha canción enteira. «Ella tiene un poema que a mí me encanta, “Conexión”. Me gusta tanto que un día le comenté que se la iba a enviar a un amigo, Leo Minax, que está habituado a musicar poemas, para que lo convirtiese en canción. Porque lo mío es otra cosa, a mí me sale todo junto, letra y música. Cuando iba a hacerlo, a enviárselo, a partir de un frase, empezó a salirme un tema». “Empezou a saírlle” e finalmente “saiulle” unha canción enteira.
«En realidade, o noso proceso de traballo é moi divertido, como un xogo», conta Carmen Quinteiro. «Un achega unha frase ou unha estrofa, o outro proponlle quizais algunha modificación, el di isto non cadra coa melodía, eu contesto que esa expresión ou esa palabra non encaixa… E así ata que sae». Polo momento son coautores de “El cielo siempre se abre” e “Conexión”, pero ambos confirman un compromiso mutuo: compoñer un tema máis xuntos para o novo disco de Almeida. «Vai ser unha pasada este novo traballo de Gustavo. Ten temas chulísimos».
UN AGASALLO. Quinteiro di estar fascinada co proceso de composición dunha canción. «Eu sempre lle digo que, para min, isto que estamos a facer xuntos é un agasallo. A min encántame escribir, pero facer diso unha canción paréceme ata máxico porque eu musicalmente non entendo nada. Maxia, xa che digo, como dar un paso máis alá da literatura».
«Los políticos podrían aprender de nosotros cuando componemos: no tenemos otra salida que llegar a un acuerdo»
Gustavo Almeida, cantautor
Os dous acaban referíndose ao proceso de composición conxunto como a un proceso de negociación. «Te digo una cosa: los políticos actuales tenían que aprender de nosotros cuando componemos una canción. No hay otra salida que llegar a un acuerdo. La canción tiene que acabarse sí o sí», indica Almeida. «O mellor de todo é que ese proceso, para nós, non é duro, senón todo o contrario, divertido e enriquecedor».
Os dous están de acordo en que da experiencia conxunta aprenderon cousas. «Para min foi como dar un salto, como abrir foco», explica Carmen Quinteiro. «De súpeto entendes como se pode chegar a transmitir algo moito máis potente coa letra acompañada da música. Combinar esas dúas cousas, literatura e música, dende dous puntos de vista diferentes, a min resúltame moito máis rico».
Almeida pensa parecido. «Aunque el universo muchas veces se empeñe en hacerme creer lo contrario, yo sigo defendiendo que cuanto mejor hagas algo, más posibilidades tendrás de llegar lejos», conta o compositor. «En este sentido, a mí Carmen me ha ayudado a seguir mejorando en lo que hago. Me interesaba mucho dar un salto de calidad literaria y ella me ha ayudado sin tener que perder mi esencia como autor».

Deja una respuesta